martes, 31 de marzo de 2020


Ola a tod@s e benvid@s ao meu blog!!!
 Como estades? Espero que o mellor posible dadas as circunstancias...


Neste apartado de Ed.Infantil irei subindo actividades e materiais tendo en conta os contidos, novos e de repaso, que xa tiña programados para os distintos niveis deste curso. 
Irei publicando as propostas (adaptadas a esta nova realidade escolar) seguindo o noso horario de aula e organizadas por cursos: 3,4, e 5 anos.  

Na dereita da páxina podedes ver a dirección do meu correo electrónico por si queredes contactar conmigo.


Sei que estar nesta situación é complicada e máis cos peques...pero eles son o noso motivo principal para estar positivos, hai que animarse!

Moita forza e 
moitos bicos e apertas para os vosos pequerrechos e pequerrechas!!! 













No hay comentarios:

Publicar un comentario