sábado, 28 de marzo de 2020





Bo día a tod@s! Que tal estades?

Como xa sabedes estaremos un tempo sen vernos a causa do COVID-19.




Agora temos que ser moi responsables, non estamos de vacacións e temos que seguir traballando todos xuntos dende as nosas casas.

Seguindo o voso horario de aula, cada día que vaiamos a ter clases xuntos teredes que entrar no blog para ver as tarafas que tendes que facer.


Calquera dúbida que teñades deixade un comentario para que todos os compañeir@s o podan ver ou tamén podedes contactar conmigo por privado.



Aquí vos deixo os pasos a seguir para que o teñades en conta ao entrar no blog.


     PASO 1. Pincha na pestana do teu curso.


     PASO 2. Fíxate no calendario ao comenzo de cada entrada no blog para saber cal é a tarefa que tes que facer.


   Moitos bicos para tod@s e moitisimo ánimo!

Sandra





                                             

















No hay comentarios:

Publicar un comentario