martes, 31 de marzo de 2020


Ola a tod@s e benvid@s ao meu blog!!!
 Como estades? Espero que o mellor posible dadas as circunstancias...


Neste apartado de Ed.Infantil irei subindo actividades e materiais tendo en conta os contidos, novos e de repaso, que xa tiña programados para os distintos niveis deste curso. 
Irei publicando as propostas (adaptadas a esta nova realidade escolar) seguindo o noso horario de aula e organizadas por cursos: 3,4, e 5 anos.  

Na dereita da páxina podedes ver a dirección do meu correo electrónico por si queredes contactar conmigo.


Sei que estar nesta situación é complicada e máis cos peques...pero eles son o noso motivo principal para estar positivos, hai que animarse!

Moita forza e 
moitos bicos e apertas para os vosos pequerrechos e pequerrechas!!! 













domingo, 29 de marzo de 2020

Bo día!!!

Supoño que moitos vos preguntaredes como imos a correxir as tarefas...

Pois ben, haberá tarefas que teñades que correxir de maneira autónoma e outras que me teredes que enviar ao correo.

Prestade atención a seguinte INFOGRAFÍA



Como podedes ver é moi sinxelo. 


        Estar atentos ao día que temos clase e entrar no blog.
Engadir un comentario ao final da páxina: NOME + 1ºAPELIDO + FEITO


  Lembrade que haberá tarefas que teredes que enviar o meu correo (tendes a dirección do mail no blog, a dereita da páxina no meu perfil).


Moitos bicos para tod@s!















sábado, 28 de marzo de 2020





Bo día a tod@s! Que tal estades?

Como xa sabedes estaremos un tempo sen vernos a causa do COVID-19.




Agora temos que ser moi responsables, non estamos de vacacións e temos que seguir traballando todos xuntos dende as nosas casas.

Seguindo o voso horario de aula, cada día que vaiamos a ter clases xuntos teredes que entrar no blog para ver as tarafas que tendes que facer.


Calquera dúbida que teñades deixade un comentario para que todos os compañeir@s o podan ver ou tamén podedes contactar conmigo por privado.



Aquí vos deixo os pasos a seguir para que o teñades en conta ao entrar no blog.


     PASO 1. Pincha na pestana do teu curso.


     PASO 2. Fíxate no calendario ao comenzo de cada entrada no blog para saber cal é a tarefa que tes que facer.


   Moitos bicos para tod@s e moitisimo ánimo!

Sandra