domingo, 3 de mayo de 2020

ED. MUSICAL Semana 5/05 - 8/05

Ola a tod@s!!! Como estades? 



ACTIVIDADE 1. Instrumentos da aula. Neste taboleiro atoparás unha foto co nome e un audio de cada instrumento.

FAI CLIC NA ICONA DAS FRECHAS (ABAIXO-DEREITA) SE QUERES AGRANDAR O TABOLEIRO



ACTIVIDADE 2. Ordenar os instrumentos segundo os escoites no audio.
Agora escoita o audio do panel anterior con atención. 
Fai unha táboa nunha folla e ordena os instrumentos por orde de aparición.


ACTIVIDADE 3. ´Aprendo música coas TIC`. Aquí vos deixo o acceso a unha páxina web onde podedes atopar actividades e xogos para aprender e practicar a linguaxe musical.

FAI CLIC NA IMAXE





Moitos bicos!!!









17 comentarios: