Como estades? Hoxe imos facer actividades musicais. Estades preparados?
ACTIVIDADE 1.
Imos practicar RITMO! Podedes facer uso dalgún instrumento que teñades por casa ou facer percusión corporal: palmas cando sexan figuras e ¡shhh! nos silencios.
ACTIVIDADE 2.
MATICES. Neste trimestre estivemos falando das calidades do son (TIMBRE, DURACIÓN, ALTURA E INTENSIDADE).
Hoxe imos profundizar na INTENSIDADE.
Como xa sabedes, a intensidade é a calidade do son que nos axuda a diferenciar un son débil dun forte. Na música existen uns termos coñecidos como matices que miden o grao de intensidade no que se producen os sons.
Os matices móstranse con palabras italianas, como podedes ver no seguinte vídeo (ver ata o mínuto 2:28).
Agora coa información que tendes, completades a seguinte táboa e enviádela ó meu correo.
A por todas!!!
A musica clasica soa mai agudo é a musica moderna soa mais electronico e forte
ResponderEliminar